Etiquetas

jueves, 17 de marzo de 2011






Marín, 15 de marzo de 2011

Esta mañá a Alcaldesa Accidental e Concelleira Delegada de Turismo e Medio Ambiente, Pilar Blanco, xunto cos directivos do Marín C.F., Peixe Fresco C.B., e Club de Remo Ría de Marín, presentou os contratos de publicidade turística asinados entre os citados clubs e a Concellaría de Turismo de Marín. Na rolda de prensa tamén estivo presente o Concelleiro Delegado de Deportes, Andres Gesteiro.
O obxecto do contrato é establecer a colaboración entre a Concellaría de Turismo do Concello de Marín e as citadas entidades deportivas ”, para potenciar e fomentar a imaxe da cidade nos ámbitos económico, turístico e deportivo. A Concellaría de Turismo pola súa parte fai unha achega económica a cada club e, como principal contraprestación, os clubs Peixe Fresco C.B e o Marín Club de Fútbol levan inserida na súa roupa deportiva a lenda “Marín entre o ceo e o mar”, xunto co escudo do Concello, e pola súa parte o Club de Remo Ría de Marín levará inserida a mesma lenda na proa da súa embarcación competitiva.
Durante a rolda de prensa a Alcaldesa Accidental, expresou a súa satisfacción pola sinatura destes contratos, xa que entende que é o mellor xeito de publicitar turisticamente o Concello de Marín. “Os tres clubs teñen un arraigo social e unha capacidade mediática indiscutible, de xeito que transmiten a mellor imaxe de Marín a través do deporte”, afirma Pilar Blanco.
O primeiro club en asinar este tipo de contrato foi o Marín C.F, que leva a lenda no pantalón dos xogadores das categorías inferiores, posteriormente o Club de Remo e o Peixe Fresco interesáronse por este tipo de patrocinio por parte da Concellaría de Turismo. Durante a rolda de prensa os distintos representantes das entidades deportivas amosaron a súa satisfacción, e agradeceron a colaboración económica por parte do Concello en estes momentos en que tamén os clubs pasan por dificultades económicas.