viernes, 15 de abril de 2011
martes, 5 de abril de 2011
jueves, 17 de marzo de 2011
Esta mañá a Alcaldesa Accidental e Concelleira Delegada de Turismo e Medio Ambiente, Pilar Blanco, xunto cos directivos do Marín C.F., Peixe Fresco C.B., e Club de Remo Ría de Marín, presentou os contratos de publicidade turística asinados entre os citados clubs e a Concellaría de Turismo de Marín. Na rolda de prensa tamén estivo presente o Concelleiro Delegado de Deportes, Andres Gesteiro.
O obxecto do contrato é establecer a colaboración entre a Concellaría de Turismo do Concello de Marín e as citadas entidades deportivas ”, para potenciar e fomentar a imaxe da cidade nos ámbitos económico, turístico e deportivo. A Concellaría de Turismo pola súa parte fai unha achega económica a cada club e, como principal contraprestación, os clubs Peixe Fresco C.B e o Marín Club de Fútbol levan inserida na súa roupa deportiva a lenda “Marín entre o ceo e o mar”, xunto co escudo do Concello, e pola súa parte o Club de Remo Ría de Marín levará inserida a mesma lenda na proa da súa embarcación competitiva.
Durante a rolda de prensa a Alcaldesa Accidental, expresou a súa satisfacción pola sinatura destes contratos, xa que entende que é o mellor xeito de publicitar turisticamente o Concello de Marín. “Os tres clubs teñen un arraigo social e unha capacidade mediática indiscutible, de xeito que transmiten a mellor imaxe de Marín a través do deporte”, afirma Pilar Blanco.
O primeiro club en asinar este tipo de contrato foi o Marín C.F, que leva a lenda no pantalón dos xogadores das categorías inferiores, posteriormente o Club de Remo e o Peixe Fresco interesáronse por este tipo de patrocinio por parte da Concellaría de Turismo. Durante a rolda de prensa os distintos representantes das entidades deportivas amosaron a súa satisfacción, e agradeceron a colaboración económica por parte do Concello en estes momentos en que tamén os clubs pasan por dificultades económicas.
viernes, 18 de febrero de 2011
RENOVACIÓN DISTINTIVO MACT
A Concellaría de Turismo do Concello de Marín recolleu o pasado 3 de Febreiro, nas instalacións da Mancomunidade de Turismo “Terras de Pontevedra”, a renovación do distintivo MACT, de calidade turística, da praia de Portocelo así como o das praias de Mogor, Aguete, Loira, O Santo e a Coviña, obtido por primeira vez para estas praias, e que pon en recoñecemento os valores dos enclaves.
O Modelo de Aproximación á Calidade Turística (MACT), é un conxunto de productos para a implantación, xestión e aseguramento da calidade do servizo turístico.
A Teniente de Alcalde e Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Pilar Blanco, foi a encargada de recibir os distintivos en nome da entidade municipal, que foron entregados polo Presidente da Mancomunidade, Miguel Ánxo Fernández Lores.
O acto, que tivo lugar nas instalacións da Mancomunidade “Terras de Pontevedra” supón o recoñecemento da labor levada a cabo dende a Área de Turismo, co obxetivo de obter esta diferenciación en calidade turística, sendo Marín o único Concello da Mancomunidade Terras de Pontevedra que ten o distintivo.
miércoles, 16 de febrero de 2011
RUTAS
RUTA DO MONTE PENIZAS
O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do pobrado castrexo de Subidá, para continuar ata o cumio do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro.
O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do pobrado castrexo de Subidá, para continuar ata o cumio do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro.
Esta ruta alterna tramos de carretera con camiños naturais. Desviándonos do itinerario poderemos ver a Igrexa de Santa María do Campo e os molinos do río Loira (zona de gran beleza)
A dificultade da ruta e media-baixa, ainda que con pendente pronunciada ata chegar o cumio. Está claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.
Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.
Interés da vía: Cultural – Etnográfico – Arqueolóxico – Relixoso.
RUTA DAS PRAIAS
RUTA DAS PRAIAS
Ruta de incuestionable beleza. O percorrido, de 8,5 Km., parte do aparcadoiro previo a praia de Portocelo (cartel indicador) para continuar polas praias de Mogor, Aguete e Loira sucesivamente, rematando a ruta na praia do Santo.
Esta ruta alterna tramos de carretera con camiños naturais cunha zoa de interés arqueolóxico polos seus petroglifos.
A dificultade da ruta é baixa estando claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de coor azul-branco (pintadas en piedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de regreso.
Este traxecto pódese transitar en cualquera estación do ano.
Información adicional: esta vía consta dun carril específico para ciclistas.
Interés da vía: Cultural-Paisaxístico-Arqueolóxico
Suscribirse a:
Entradas (Atom)